top of page
rianxo

   Rianxo fala, falou e queremos que siga falando.

 RianxoFala a lingua propia, un patrimonio que temos que valorar, non só porque é a herdanza dos nosos ancestros (igual ca a historia ou a cultura ou a arte…), senón porque tamén explica o noso presente.

 Ã‰ nese presente no que estamos traballando, desenvolvendo un labor en prol da normalización da nosa lingua para que a poboación rianxeira tome conciencia da necesidade de conservar o galego para o futuro, mais non coma un obxecto de museo senón coma un ente vivo que só se mantén mediante o seu uso continuo, en calquera ámbito e/ou contexto e só se asegura mediante a transmisión interxeracional. Só así falaremos!

 Nesta páxina recóllese información das diferentes accións que configuran o Proxecto plurianual RianxoFala. E tamén accións anteriores que lle foron abrindo camiño e que seguen tendo un peso importante na sementeira que pretendemos desenvolver.

bottom of page